O director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, anunciou onte que a Xunta vai a ampliar a superficie da Rede Natura nun 40%.
Segundo adiantou na comisión parlamentaria, antes de fin de ano vanse iniciar os trámites para a ampliación. Ricardo García-Borregón, anunciou que Galicia engadirá 22 novos Lugares de Interese Comunitario e ampliaranse un total de 26.
A Oposición recordoulle a que o prazo que lle dera a CE para a ampliación, remata neste mes de decembro. De non ampliar a superficie, pode enfrontarse a sancións da UE, ó ser unha das comunidades con menor superficie incorporada no conxunto do Estado á Rede Natura cun 11,6%.
Carmen Gallego do PSdG, instoulle ó alto cargo a que anunciase a data na que vai saír á exposición pública a ampliación, xa que o propio Director Xeral, anunciou en Xuño de 2010 que íase abrir o prazo de información.
Máis info
– A Xunta anuncia sen data a ampliación da Rede Natura
– A Xunta promete aumentar a Rede Natura un 40%
– A Xunta volve adiar a mellora da Rede Natura con risco de sanción